RIADA (1989)
“Riada” é un solo inspirado nos aluvions, o lodo, a forza que leva a auga que destrue e leva por diante todo o que atopa. A peza é unha analoxía co rexurdir despois da loita. A riada arrasa pero tamén deixa sedimento que nutre. O espazo sonoro creado polo músico Tony D´Arco como a escenografía do escultor cerámico Miguel Vázquez, a iluminación de Juan Arquero, o vestiario feito de anacos de diferentes materiais e texturas así como o corpo enlamado dánlle autenticidade á escena.
Coreografía e Intérprete: Amparo Martínez Paz
Espazo sonoro: Tony D´Arco
Escenografía: Miguel Vázquez
Duración: 8′ 45”



