Teaser “Retake”

RETAKE (2021)

Sinopse: “Retake” é un solo de Danza Contemporánea no que retomo parte dunha proposta creativa que quedara inconclusa no ano 2007. Este “Retake”, aínda que vén ou volve do pasado, está tan presente e vivo coma entón.

Esta peza de corte abstracto baséase na busca dun lexico de movemento. A música é inédita, composta por un guitarrista, que utiliza una “guitarra clásica preparada”-técnica na que se utilizan diversos obxectos que se colocan nas cordas para cambiar a súa vibración natural-. A música interpretarase en directo coa presenza do músico na escena.

En “Retake” hai dous tipos de rexistro diferentes cando se trata do movemento e a música.

A primeira parte da peza ríxese por un tipo de movemento staccato -de tiróns, movementos cortantes- así como no aspecto musical o resultado timbral é percutivo. Aquí traballo a partir da imaxe dos “nós”, a tensión e liberación que estes producen cando se desatan.

A segunda parte está rexida por un movemento fluído e continuo que orixina unha sensación de ingravidez como consecuencia da solta dos “nós”. O aspecto musical nesta parte da peza crea unha certa atmosfera de misticismo. Este ambiente místico e fluído lévame a trazar unha liña de movemento no espazo que me permite fluír e desplazarme. Para finalizar, fago un deseño no espazo baseado nos desprazamentos que orixinan o goce que proporciona o movemento cando me sinto liberada/ desatada. Aquí o acompañamento musical ten un ritmo fixo coa “guitarra sen preparar” tocada ao pizzicato.

Coreógrafa/Intérprete: Amparo Martínez Paz

Músico no escenario: Tony D´Arco

Espazo Sonoro: Amparo Martínez Paz

Duración: 14′

Galego