Ola! Son Amparo. Muller. Viguesa de nacemento.
Sempre tiven unha estreita relación coa danza e dende moi cativa asistín a clases de balé. Así comezou o meu periplo no eido das artes escénicas. Todo o que aconteceu despois podes lelo debaixo destas liñas.
Entendo a danza coma un vehículo para a transformación, a sanación, o “healing”. Algo terapéutico. O que máis desfruto nas miñas facetas de docente e coreógrafa é sacar o mellor das persoas coas que traballo, o que as fai únicas, e facelas brillar.
Traballo moito coa improvisación como medio para facer emerxer as esencias propias. Estas esencias son, sobre todo, emocións. Movernos axúdanos a pensarnos e repensarnos.
O proceso creativo que propoño consiste en exploracións de dinámicas de movemento. O movemento nace da nosa esencia. Un movemento fluído e conectado con nós mesmas.
A miña historia
1958
Vigo
Sempre tiven unha estreita relación coa danza. Dende pequena fun a clases de ballet e o meu interés continuou na miña adolescencia.
1976
Había que ter un plan B pois a danza como saída profesional non era valorada.
A miña decisión foi estudar Filosofía e Ciencias da Educación (área Pedagoxía Terapéutica), motivada polo meu irmán con Síndrome de Down.
1979
Santiago de Compostela

Linda Morrison funda The Ballet Studio. Combino as clases de danza coas da facultade ata licenciarme.
1980
Madrid, Barcelona, Londres
Francia, Nova Iorque
1985
Comeza o meu periplo na danza, a docencia e a creación.
1985
Nova Iorque
A Xunta de Galicia concédeme unha bolsa de estudos e son aceptada na Nikolais/Louis Dance Lab en Nova Iorque.
1986
España

Sala Olimpia, Madrid. 1er Certamen Coreográfico de Madrid
De volta a España, participo en certames coreográficos en Madrid e Barcelona.
1990
A danza pasa a un segundo plano. Centrome na docencia do inglés, aínda que o impulso artístico segue presente.
2006
Realizo o vídeo-danza Puzzled Feet, reflexo desa querenza pola danza que sempre permaneceu.
2019
Coa publicación do Volumen I da Historia da Danza Contemporánea en España, reflexiono sobre a idade e dou o paso de volver priorizar a danza.
2021
Realizo o vídeo-danza Healing inspirado no confinamento COVID19
Na actualidade
Estou inmersa na distribución de Retake, O Noso, Ousar e PF site-specific 023, así como no proceso creativo de novas propostas.
Máis información
- Afonso Becerra adícalle o capítulo “A Eclosão Atlântica da Dança Contemporânea com Amparo Martínez Paz” no libro História da Dança Contemporânea na Galiza (2021)
- Instagram – ESCORA 2025 ✨ MALPICA DE BERGANTIÑOS
- Instagram – Amparo Martínez Paz, en ‘PF – SITE SPECIFIC 023’
- Facebook – Centro Ágora, A Coruña – “Domitila”
- Facebook – A peza “Domitila”
- Vigo.org Agenda – Teatro de Ningures: “As gardiás ou o nó do tecelán”
- Axencia Galega das Industrias Culturais – El Centro Dramático Galego estrena ‘A burra, a mesa e o pau’ con dirección de Lorena Conde y un elenco intergeneracional de 15 intérpretes
- Axencia Galega das Industrias Culturais – El Centro Dramático Galego inicia los ensayos de su producción ‘A burra, a mesa e o pau’ bajo la dirección de Lorena Conde
- Artezblai el periódico de las Artes Escénicas – Teatro de Ningures reivindica en ‘As Gardiás’ los cuidados de la vejez por parte de la comunidad
- Artezblai el periódico de las Artes Escénicas – Ningures y Nasser Djemaï por una tercera edad en plenitud
- Artezblai el periódico de las Artes Escénicas – El tiempo en los pies de Amparo Martínez Paz
- Artezblai el periódico de las Artes Escénicas – Circo de Nadal, Pandrama, Domitila y Amparo
- Erregueté Revista Galega de Teatro – “Quero traballar desde o agora, desde a naturalidade, sen impoñer nada” artigo de Afonso Becerra (Abril, 2021)
- Erregueté Revista Galega de Teatro – O CDG estrea ‘A burra, a mesa e o pau’
- Erregueté Revista Galega de Teatro – Galicia e Portugal mostran os espectáculos que virán no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir
- Danza Galicia 2024 – catálogo digital de danza y artes del movimiento
- Palabra Audiovisual
- Teatro de Ningures
- A Morada Cooperativa – Danza
- Escoradanza – Artistas
- AGalegaAudio – PF-Site Specific 023