CONCHITA (Setembro, 1989 finalista no III Certamen Coreográfico de Madrid)

En “Conchita” hai un xogo de rivalidade entre dúas mulleres. É unha peza moi temperamental con unha enerxía e visceralidade que pode lembrar por momentos ao flamenco. A peza caracterízase por un tipo de movemento staccato con unha dinámica de acción-reacción. A peza está inspirada no tema musical Conchita de Miles Davis & Marcus Miller. A iluminación en vermello realza o dramatismo da escena nos momentos de máxima tensión e o vestiario por contraste aproxímase ao “chiste” con un certo tono satírico.

Coreografía: Amparo Martínez Paz

Bailan: Lidia del Río e Amparo Martínez Paz

Música: Miles Davis & Marcus Miller

Duración: 6’52”

Galego