HEALING [vídeo-danza] (Vigo, Abril 2021)

Healing é unha peza de vídeo-danza inspirada no confinamento COVID19. A situación de estar confinada, retida na casa así como o medo e a inseguridade a saír descríbese ao comenzo da peza nesa tentativa de comprobar se todo vai ben…tocando a estructura arquitectónica, comprobando o chan cos pes.

¿Porqué Healing? ¿Cal é o significado? Healing significa curación. A protagonista ten unha estreita relación coa natureza e o movemento, dous aspectos que funcionan en conxunto e son o bálsamo que lle axuda na situación do confinamento no que lembra, soña e visualiza aqueles momentos nos que podía desfrutar da natureza e o beneficio que lle aportaba ao seu SER.

Un espazo relevante na filmación de Healing foi a magnífica arquitectura do Museo do Mar de Galiza, realizado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela (Vigo 2002).

Unha película de: Sara Traba

Coreógrafa e intérprete: Amparo Martínez Paz

Música: Iago Marta

Galego