PUZZLED FEET [vídeo-danza] (Vigo, Setembro 2006)

En Puzzled Feet téntase evocar a través da imaxen da muller na xanela esa xoven que as veces xoga a ser unha nena e outras veces a ser adulto, ela expresa con firmeza a súa confusión sen dar a cara. Na escada mantén un xogo-diálogo constante consigo mesma expresado no movemento dos pes que dan lugar a diferentes estados de ánimo e concluyen sen máis no silencio.

Puzzled Feet é unha das primeiras pezas de vídeo-danza realizada en Galiza no ano 2006. As imaxes foron filmadas no Día das Letras Galegas, 17 de maio de 1990, nunha casa da Praza do Toural (Santiago de Compostela). Na gravación pódese escoitar unha voz de muller pois tiña lugar un evento con motivo da data destacada. Sendo a edición final producida polo vídeo artista vigués Diego Santomé no ano 2006.

Coreógrafa e intérprete: Amparo Martínez Paz

Edición: Diego Santomé

Duración: 5´01”

Galego