Teaser “O Noso”

O NOSO (2022)

A idea desta peza de danza contemporánea xurde do vídeo-danza Puzzled Feet (2006), aínda que a proposta de agora para a escena da un paso adiante no tempo e aquela xoven que xogaba a ser nena e adulta mantén un diálogo único na súa madurez. 

En O NOSO hai un nexo coa lembranza, é un relato onde os pés son os protagonistas e dan voz a un diálogo rotundo onde xurde a tensión que por momentos da lugar a un silencio que leva a reflexión e as veces ao descanso inesperado. A acción da peza discurre sobre unha pequena tarima de madeira onde o xogo percusivo dos zapatos baten na madeira e dan lugar a un espazo sonoro forte.

Coreógrafa/Intérprete: Amparo Martínez Paz

Espazo sonoro: Amparo Martínez Paz

Duración: 14´

Galego