Ensaio (Auditorio Concello de Vigo)

FISTERRA (Xuño, 1989, V Festival Coreográfico Iberoamericano Óscar López)

“Fisterra” é unha peza de contrastes interpretada por tres mulleres. A primeira parte evoca o mundo dos navíos apreixados pola néboa, o berro de súplica das baleas e dos afogados nun mar cruel que non da tregua. As cores grises e azuis do vestiario así como o tema musical “Como un guante” da Orquesta Las Nubes crean unha atmosfera de interioridade e concentración. A segunda parte da peza é moi lúdica, frívola; lembra un pouco unha festa tanto no movemento como nas cores fortes do vestiario así como no tema musical “Ella no lleva gafas”. A vida en terra é de foliada. O vento do norte esclarece todo e da paso á celebración da vida en contraste co ton de intimidade da primeira parte.

Coreografía: Amparo Martínez Paz

Bailan: Lidia del Río, Maite Quiñones e Amparo Martínez Paz

Música: Orquesta Las Nubes

Duración: 9´

Galego