ARANGAÑO (1988, finalista no IV Festival Coreográfico Iberoamericano Óscar López)
“Arangaño” é unha peza na que se reúnen tres mulleres con temperamento e moita determinación. Estas mulleres, inicialmente entablan unha relación cordial e de acougo que pouco a pouco as leva a acada unha a mostrar a sua singularidade e individualidade; aí xurde a tensión que vai dar lugar a movementos fortes, espasmódicos con moita bravura.
É a experiencia de tratar os medos propios como un exorcismo, e de aí o título da peza Arangaño: araña grande nociva e venenosa tamén un xenio maléfico segundo a crenza popular. A música do chelista David Darling imprímelle un carácter sórdido e denso.
Coreografía: Amparo Martínez Paz
Bailan: Dolores Mayán, Loli Fojón e Amparo Martínez Paz
Música: David Darling
Duración: 8 ‘