PF SITE-SPECIFIC 023 (2023)

O pasado en PF SITE-SPECIFIC 023 é un relato que se asoma no presente/agora . O meu presente/agora é espido, con moita escoita, sen présa, busca a intimidade no espazo e mergúllase no silencio ata que xorde o son.  

Acontece o tacto e o contacto que debuxa o movemento fluído no corpo dispoñible/libre.

O corpo fala polo miúdo 

Gusta de escoitar, observar, sentir…

e brota o movemento que fisga, remexe, proba, tenta…

O corpo agradece o silencio, a espera

abraza o barullo.

O ESTAR sen máis non lle amola.

O corpo é permeable

Esperta a dúbida

Asoman as contradicións, bo alimento na procura.

Creación: Amparo Martínez Paz

Edición audiovisual: Lucía Estévez

Duración: 20 minutos

Ano creación: 2023