Docencia

Prácticas de movemento creativo

Crédito: A MORADA

“A menor movemento, menor desexo de moverse”. A miña proposta como docente é tomar conciencia do noso corpo, que é o instrumento para nosa expresión.

Nas clases e obradoiros que conduzo, deixamos falar ao corpo, habitámolo, escoitámolo. Descubrimos o potencial que temos para expresarnos e sentir o beneficio, así como o pracer que nos proporciona cando nos movemos. E a partir de aí construímos a nosa danza.

Como afinamos o instrumento -o noso corpo-?: A través dun traballo de estiramento muscular, centramos a nosa atención nas articulacións poñéndolles aire, e traballamos a respiración e a enerxía idónea que nos permite desenvolver un movemento fluído e san.

A práctica creativa vai da man da improvisación, ferramenta de axuda para ser máis libres e descubrir o potencial creativo que moitas veces cremos non ter.

Queres programar unha actividade ou organizar un obradoiro de movemento creativo?

Fotografía: Carlota Mosquera // Obradoiro O Fogar do Pensionista Malpica de Bergantiños, Escora Danza 2025