
Como responsable do deseño de Movemento escénico e Coreografía para un espectáculo, esta é a miña metodoloxía:
Na fase inicial do proceso creativo, a dramaturxia é a forza motriz que a través da ferramenta da Improvisación nos permite plantexarlles ás intérpretes probar, explorar e investigar propostas orgánicas que lles levan ao Xogo e á Escoita, premisas fundamentais para establecer diálogos corporais na escena e posibilitar a construción de significados espaciais.
Atopamos a materia prima que da singularidade ao movemento escénico das intérpretes para ir conformando as pezas do deseño coreográfico, onde a relación entre o espazo, tempo, calidade de movemento, interacción cos outros corpos e música axúdannos a crear unha secuencia coherente de movemento.
Coa integración destes elementos navegamos polas diferentes opcións coreográficas: solos, dúos, tríos….e coreografía grupal onde xorden diferentes deseños ou dibuxos no espazo escénico.
Queres saber máis sobre a miña forma de traballar?