“Pioneira da danza contemporánea galega.”
Volumen I Historia de la Danza Contemporánea en España publicado pola Academia de las Artes Escénicas de España (2019)
- Becada pola Xunta de Galicia para estudar na Nikolais/Louis Dance Lab en Nova Iorque (1985)
- Primeira coreógrafa galega de Danza Contemporánea seleccionada no 1er Certamen Coreográfico de Madrid (1987)
- Finalista no 4º Festival Coreográfico Iberoamericano Oscar López, Barcelona (1988)
- Finalista no 3er Certamen Coreográfico de Madrid (1989)
- Afonso Becerra adícalle o capítulo “A Eclosão Atlântica da Dança Contemporânea com Amparo Martínez Paz” no libro História da Dança Contemporânea na Galiza (2021)
Entrevistas:
- “Quero traballar desde o agora, desde a naturalidade, sen impoñer nada” artigo de Afonso Becerra na revista galega de teatro Erregueté (Abril, 2021)
- “A danza como arte e camiño de (auto)coñecemento” artigo de Afonso Becerra no número 101 da revista galega de teatro Erregueté (Xuño, 2021)
“A miña proposta artística consiste en facer transparente o meu proceso de autocoñecemento a través da danza.”
Amparo Martínez Paz (2022)
A súa exploración artística “é un intento de ser ela mesma”. Quere expresar o seu con autenticidade. Como ela di:
“Cando me empezo a mover, non penso no que fago. Non obstante, verbalizo co meu corpo como me sinto, o que me axuda a aclararme a min mesma. Todo xorde de maneira natural e espontánea. Escóitome. Deixo que as cousas que hai dentro de min dialoguen.”
Traballa moito ca improvisación como medio para facer emerxer a súa propia esencia. Esta esencia é, sobre todo, emoción. Pero moverse axúdalle tamén a pensarse e repensarse.
O seu proceso consiste en exploracións de dinámicas de movemento. O movemento nace de cómo lle gusta moverse. Un movemento moi fluido y conectado con ela mesma.
Antes moi severa na autocrítica, os últimos anos está máis conciliada consigo mesma. Iso exprésase na súa danza. No entanto, os medos sempre volven cando estás traballando…